Autoría: Miguel Anxo Fernández
Ano: 2022, Editorial Galaxia
Cita:
“Dalia Maxino esperábanos en Lavacolla. Vestía de negro, cazadora de pel sintética concordando coa súa militancia ecófila, vaqueiro e blusa aberta no colo. Corte de pelo ao garçon e floco, un aquel rebelde. Sen colgantes, nin piercings, nin abelorios máis alá dun reloxo Apple e unha pulseira coas cores do arco da vella. Coa inseparable mochila e os seus trebellos tecnolóxicos.
Notei a súa sorpresa por ser tres e saudámonos cun bico.”
Máis información: Editorial Galaxia
