Autoría: María Abelleira Fontán, Óscar Senra Gómez e Xosé Antón G. Serén
Ano: 2019, Concello de Santiago
Cita:
“Os paseos pola nosa cidade formaban parte da súa vida. Desde a mocidade, cando ía pasear pola Ferradura ou pola rúa do Vilar ao saír do Seminario de Estudos Galegos, até os seus últimos anos, cando realizaba o traxecto diario entre a Carreira do Conde e a antiga Facultade de Filoloxía. Serve este formato para pór en relación a súa vida e a súa obra con Santiago de Compostela dun xeito participante e ameno.”
Máis información: Concello de Santiago