Saltar ao contido

A soidade do inquisidor

    Autoría: Alberte Blanco Casal

    Ano: 2025, Edicións Xerais

    Cita:

    “Tomáralle toda unha longa xornada cubrir, ao lombo do seu cabalo, as máis de trinta leguas que separaban Compostela de Monterrei. Xoán de Freixedo saíra co alborexar do día da cidade arcebispal e chegara á noitiña ao seu destino, despois de facer algunhas pequenas paradas para comer e repoñer forzas. Preocupáballe cabalgar no luscofusco sen escolta, un branco fácil para os salteadores, de noite xa era impensable tal mester, pero a ríxida economía do Santo Oficio non permitía gozar das sinecuras doutros altos estamentos, a pesar do incremento dos ingresos nos últimos anos.”

    Máis información: Edicións Xerais