Saltar ao contido

A tecedeira de Bonaval

    Autor: Antonio López Ferreiro

    Ano: 1894, El Pensamiento Galaico

    Cita:

    “A iso das dúas da tarde dun bretemoso día de decembro do ano 1543, baixaba polo Picho da Cerca, en Santiago, unha vella como duns 60 anos, ben limpa e arrombadiña para artesá, segundo parecía polo seu porte. O seu andar era pausado, aínda máis do que pedían os anos, e revelaba unha persoa fraca e achacosa. E aínda non era isto só para a pobre vella, senón que parecía que ía moi moito preocupada por algunha triste idea. Así foi camiñando ata a Porta da Mámoa, entrou na cidade, tomou polo cantón da Rúa Nova e parouse diante dunha casa do Outeiral, fronte á grande dos Ulloas. Sentouse nun poial que había á porta, como para tomar folgo e recollerse en si cos seus pensamentos, e logo preguntou a un dos mozos que entraban e saían se estaba o señor Rodrigo de Bendaña, e pediulle que lle dixese que estaba alí Catalina, a tecelá de Bonaval, que lle quería unha palabriña.”

    Máis información: Galipedia