Quistiláns, Ames, 1985
Coñecido como Senlheiro, é diplomado en Educación social e ten estudos de antropoloxía social e cultural. Represaliado en diversas ocasións, estivo en diferentes prisións estatais entre 2013 e 2020 polo seu activismo independendista. En 2021 gañou, xunto a Xandra Táboas, o XXIV Premio Johan Carballeira de Poesía do Concello de Bueu con Dou aulas de ioga por videoconferencia. Actualmente colabora com galizalivre.com.
Obras destacadas
- Fora de control (2016, Colectivo de apoio a Senlheiro).
- Interferências (2016, Colectivo de apoio a Senlheiro).
- Interrogantes (2018, Colectivo de apoio a Senlheiro).
- Abracaribes (2018, Colectivo de apoio a Senlheiro).
- Para o pobre sempre é noite (2020, SRT Edicións).
- Proibido sentir: escritos desde a máquina prisom (Urutau, 2021).
- Dou aulas de ioga por videoconferencia (2022, Edicións Xerais. XXIV Premio de Poesía Johan Carballeira do Concello de Bueu).
- Falas-me desde fora (2022, Editorial Juglar).
- No gume da derrota (2022, Autoeditado em solidariedade com Chema Naia).
Fotografía: Cedida polo autor
Máis información: Lecturafilia