Saltar ao contido

Airas Nunes

    Século XIII

    “Nos Cancioneiros, as súas cantigas son atribuídas a un “Airas Núnez, clérigo”, ou sexa, con certeza un letrado, aínda que non necesariamente alguén pertencente ao clero regular. Descoñécese o seu lugar de orixe; con todo, está documentada a súa relación coa corte de D. Sancho IV (1284-1295), cuxa visita a Santiago de Compostela, en 1286, motivou a composición da cantiga de romaría reproducida aquí. A familiaridade co ambiente eclesiástico compostelán, evidente nas súas composicións, permite levantar a hipótese de que fose galego. Así, por exemplo, a cantiga “Achou-s’ũu bispo que eu sei, ũu dia” podería referirse a un episodio ocorrido na Catedral de Santiago entre os anos de 1286 e 1289, cando foi elixido arcebispo Frei Rodrigo González, cuxa ansia moralizadora e reformista non era ben vista polo clero local.

    Aparece representado nos Cancioneiros con 6 cantigas de amor, 3 de amigo, 1 pastorela e 4 cantigas satíricas. A súa participación na elaboración das Cantigas de Santa María, de Afonso X, non está suficientemente fundamentada.

    A súa produción poética caracterízase por unha ampla variedade formal e temática e polo diálogo que establece con textos doutros trobadores, revelándose tamén un notábel coñecedor da poesía occitana.” [Texto extraído de: http://roteiroliricamedieval.gal/airas-nunez/]

    Fotografía: Roteiro da Lírica Medieval

    Máis información: Roteiro de Lírica Medieval