Saltar ao contido

Alejandra Juno

    Santiago de Compostela, 1973

    Actriz e escritora, licenciada en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid e doutorada en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Ademais conta cun mestrado en Estudos teatrais.

    Comezou no teatro sendo unha nena e actualmente dirixe o grupo de teatro Juno Teatro, dedicado principalmente á farsa e ó teatro simbólico. Tamén se dedica á escrita dramática e traballou como guionista, aínda que a súa principal actividade é a investigación cunha tese doutoral sobre o grupo de teatro compostelán Ditea.

    Obras destacadas
    • El retablo de las criadillas (2007, Editorial Galaxia).
    • El retablo de las criadillas / Eurolé. Batallitas del viejo continente (2010, Editorial Fundamentos).
    • Cuando Compostela subió el telón. Crónica sentimental de la década dorada del teatro santiagués, Ditea 1960-1970 (2012, Alvarellos Editora).

    Fotografía: Páxina web da autora.

    Máis información: Wikipedia