Autor: Agustín Magán Blanco
Ano: 2018, Concello de Santiago
Cita:
“FREI MATÍAS: (Ós frades) Para que é ese cadaleito?
FISCAL: (Adiantándose) Para vós, Frei Matías.
FREI MATÍAS: Non entendo…
FISCAL: (Turdio) Cando entre a comunidade católica asoma un herexe, cómpre facelo desaparecer o mesmo que se fai coa tarela entre o trigo.
FREI MATÍAS: (Estarrecido) Verqueréde-lo sangue dun voso irmán en Crissto?
FISCAL: Iso nunca. A Santa Inquisión sinte arrepío do sangue, tenlle horror. (Coa meirande naturalidade) Seredes enterrado vivo. A paraxe é senlleira e o cemiterio velaí, a carón. (…)”(Extraído de Mesmo semellaban bruxas)
Máis información: Galipedia