Noia, 1962
Xornalista e poeta natural de Noia, que reside en Compostela desde 1973. Desde moi nova participa en iniciativas de dinamizacion cultural e en 1987 publica o seu primeiro poemario. Participou na creación de diversas iniciativas como a revista Festa da Palabra Silenciada e a asociación Mulleres Galegas na Comunicación, ademais de participar de numerosos proxectos artísticos. Forma parte da Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega e é membro da Real Academia Galega.
Obras destacadas
- Das últimas mareas (1994, Espiral Maior).
- Arden (1998, Espiral Maior).
- Estremas (2010, Galaxia. Premio Ánxel Casal ao libro de poesía, Premio da AELG de poesía e Premio da Crítica Galicia de Creación literaria).
- A desvértebra (2020, Chan da Pólvora. Premio da Crítica de poesía galega e Premio Follas Novas do Libro Galego).
Fotografía: Arquivo AELG – Distrito Xermar (2020)
Máis información: AELG