Saltar ao contido

Anatol e dous máis

    Autoría: Blanca Riestra

    Ano: 2023, Editorial Galaxia

    Cita:

    “CONSIDERABLEMENTE despeiteada, boura no portón número sete da costa da Conga. Logo introduce na inmensa fechadura unha chave tamén inmensa. O portón ábrese con parsimonia. Recolle as bolsas do súper e emprende traballosamente a subida ata o terceiro. Paula leva desfeitas as trenzas e sucios os ollos de khol.
    Cando chega ao relanzo, despois de loitar por tramos mexados e mal iluminados, a escena repítese. Ninguén responde ás arremetidas. Paula contempla furiosa o Sacro Corazón sobre a porta e decídese a empuñar outra vez chaveiro e paciencia. De lonxe, no interior da vivenda, adoita adiviñar un cuplé desafinado e Paula entra exhausta, anoxada, disposta a que corra o sangue.”

    Máis información: Editorial Galaxia