Marín, 1984
Escritora, activista transfeminista e profesora. No 2009 licenciouse en Filoloxía Hispánica e exerceu a docencia en universidades como a Universidade de Nanjing, a Universidade Normal de Changchun ou a Universidade de Xi’an Jiaotong Liverpool. Actualmente é mestra de secundaria en Santiago de Compostela. Cultiva o ensaio e a poesía cun marcado carácter feminista e investiga cuestións relacionadas co ensino de linguas e co xénero entendido como un construto social.
Obras destacadas
- Corrente do esquecemento (2007, Aturuxo).
- Todas as mulleres que fun (2011, Corsárias)
- Diáspora de amor balea (2018, Caldeirón, con María Rosendo Priego. Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas no 2017).
Fotografía: Cedida por Andrea Nunes
Máis información: Wikipedia