Saltar ao contido

Antía Nara

    Santiago de Compostela, 1974

    Antía Mato Bouzas, coñecida literariamente como Antía Nara, é politóloga e escritora. Licenciouse e fixo un mestrado en Ciencias Políticas na Universidade de Santiago de Compostela, onde cursou estudos sobre migracións. Continuou a súa formación na Universidade Jawaharlal Nehru, en Nova Delhi, no King’s College e mais na Escola de Estudos Orientais e Africanos (SOAS) da Universidade de Londres e posteriormente doutorouse na Universidade Nacional de Educación a Distancia, dentro do Instituto Universitario Gutiérrez Mellado. Actualmente traballa como investigadora e reside en Berlín.

    Publicou a súa primeira novela no 2007.

    Obras destacadas
    • Aquel lugar (2007, Edicións Xerais).
    • Cara ao leste (2016, Edicións Xerais).

    Máis información: Wikipedia