Saltar ao contido

Antía Otero

    A Estrada, 1982

    Poeta e actriz, licenciada en Historia da Arte pola USC, e codirectora da editora Apiario, xunto con Dores Tembrás. Traballa arredor da práctica escénica e da escrita, e leva anos coordinando cursos de arte, poesía e escrita creativa. Gañou o VII Certame Francisco Añón co poemario De porta un Horizonte e a súa obra Cuarto das abellas foi elixido como mellor libro de poesía na II Gala do Libro Galego. No 2017 publica O branco non pinta!, a súa primeira obra para público infantil.

    Obras destacadas
    • O son da xordeira (2003, Espiral Maior).
    • (Retro)visor (2010, Edicións Xerais).
    • O cuarto das abellas (2016, Edicións Xerais. Premio II Gala do Libro Galego á mellor obra poética).
    • O branco non pinta! (2017, Apiario).
    • Barroco (2022, Apiario. Premio VIII Gala do Libro Galego como Mellor libro de poesía e Mellor libro editado).

    Fotografía: Tamara de la Fuente

    Máis información: AELG