Saltar ao contido

Antón Lopo

    Monforte de Lemos, 1961

    Escritor, xornalista, activista e performer, natural de Monforte e afincado en Compostela. Fundou con Ana Romaní o Laboratorio de Indagacións Poéticas e a súa inquidanza artística levouno a realizar numerosas performance. Actualmente é director do festival Alguén que respira e dirixe a editorial Chan da Pólvora.

    Obras destacadas
    • Sucios e desexados (1988, Sotelo Blanco).
    • Fermín Bouza Brey. Unha fotobiografía (1992, Edicións Xerais).
    • Libro dos amados (1996, Ed. Compostela).
    • Pronomes (1998, Espiral Maior).
    • Fálame (2004, Sociedade de Cultura Valle-Inclán. Premio Esquío).
    • Os homes só contan ata tres (2005, Edicións Xerais. Premio Álvaro Cunqueiro).
    • As tres mortes de Lorenzo Varela (2005, Editorial Galaxia).
    • Obediencia (2010, Editorial Galaxia. Premio García Barros).
    • A distancia do lobo. Biografía de Uxío Novoneyra (2010, Editorial Galaxia).
    • A palabra exacta. Biografía de Lois Pereiro (2011, Editorial Galaxia).
    • Corpo (2018, Edicións Xerais).
    • Extraordinario (2018, Editorial Galaxia. Premio Narrativa Breve Repsol e Premio da Crítica española).
    • Lampíricos (2020, Chan da Pólvora).

    Fotografía: Wikipedia

    Máis información: Wikipedia