A Coruña, 1895- Teo, 1936
Impresor, editor e político compostelán, que fundou, xunto coa súa muller María Miramontes, a Editorial Lar e posteriormente a Editorial Nós. Coa súa imprenta colaborou en diversas iniciativas republicanas, galeguistas e sindicalistas. Ademais, impulsou a iniciativa de Álvaro de las Casas para constituír a Asociación de Escritores de Galicia. O Concello de Santiago creou no ano 1996 o Premio Literario Ánxel Casal, nas modalidades de poesía, teatro e conto, e tamén inaugurou no 2008 a Biblioteca Pública Municipal baixo o nome Biblioteca Ánxel Casal.
Fotografía: Wikipedia
Máis información: Wikipedia