Autor: Suso de Toro
Ano: 2017, Concello de Santiago / Conto publicado primeiro en Caixón Desastre, 1984, Edicións Xerais
Cita:
” (…) había aí un edificio, o Castromil, quera onde arrimaban tódolos coches de liña, e tirárono. Hala, veña, para o carallo. E aquí a xente non penses ti que lle importou moito, que, total, todo lles dá igual, din que a memoria é unha cousa informe e branda pegañenta e visgosa que mestura arreo os materiais que a compoñen a remoer a remoer din que está feita da materia da que están feitos os soños como dicía aqueloutro din que imaxinación é un taballo da memoria e a memoria froito da imaxinación, iso din, aquí aos de Santiago non os moves nin cunha grúa. A xente aquí é moi afásica. (…)”
Máis información: Selic
