Ourense, 1989
Arancha Rodríguez Fernández, máis coñecida como Arancha Nogueira, licenciouse en Xornalismo, fixo un mestrado en Literatura comparada e Crítica Cultural e outro de Educación. É mestra de lingua galega e literatura no ensino público.
A súa vida transcorreu entre Madrid, Porto, Belfast e Ourense, aínda que actualmente e desde hai anos, reside en Compostela.
Publicou en diferentes antoloxías e Andar descalza, gañador do certame Francisco Añón de Poesía en 2013, é o seu primeiro poemario publicado, de todos os que virán despois.
Obras destacadas
- Andar descalza (2013, Concello de Outes).
- O único lugar onde ficar inmóbil (2018, Editora Urutau).
- Dente de leite (2020, Edicións Xerais).
- A mestra corremundos (2021, Cuarto de inverno).
- Antese (2022, Editorial Galaxia).
Fotografía: Arquivo AELG – Odilo G. Carnero (2023).
Máis información: AELG