Saltar ao contido

Arantza Portabales

    Donostia, 1973

    Filla de emigrantes galegos é hoxe veciña de Teo. Iniciouse no xénero do microrrelato, gañando diversos certames e ten colleitado moito éxito coas súas obras de novela negra ambientadas en Santiago de Compostela.

    Obras destacadas
    • A Celeste la compré en un rastrillo (2015, Bululú).
    • Sobrevivindo (2015, Editorial Galaxia).
    • Deixe a súa mensaxe despois do sinal (2017, Editorial Galaxia. Premio Novela Europea Traducida do Casino de Santiago, 2023).
    • Beleza vermella (2019, Editorial Galaxia).
    • Historias de mentes (2020, Bululú).
    • A vida secreta de Úrsula Bas (2021, Editorial Galaxia).
    • O home que matou a Antía Morgade (2023, Editorial Galaxia).

    Fotografía: Arquivo AELG – Distrito Xermar

    Máis información: Wikipedia