Saltar ao contido

Arredor de si

    Autor: Ramón Otero Pedrayo

    Ano: 1930, Editorial Nós

    Cita:

    “O chofer métese polas Casas Reais, a praza do Pan, a Acibechería, a praza do Hospital, a Rúa Nova, para saír á estrada de Ourense. Adrián endexamais sentira un asoballamento igual. As grandes laxes, as disformes arquiteturas na noite, un cantigar de fontes, a fuga de rúas embozadas en tebras, todo lle producía un deslumbramento, unha vertixe grave, de grandeza infinda e ó mesmo tempo familiar. Adrián decatábase de que xeito se enchía no seu ser un oco ata entón angustioso, agora cheo de seguridade e esperanza.”

    Máis información: Galipedia