Saltar ao contido

Arturo Cuadrado

    Dénia, 1904-Buenos Aires, 1998

    Editor, escritor e político. En Compostela descatou como activista cultural nos anos 20 e 30. Xunto a Xoán Xesús González abriu en 1926 a libraría e editora Nike, onde comezou o seu labor de editor, tanto de libros como da “folla volandeira” vangardista Resol ou o semanario republicano Don Claro. Colaborou con diversos xornais e revistas até o seu exilio, onde, sobre todo xunto a Luís Seone, creou editoras como EMECÉ, Nova e Botella al mar. Publicou tamén varios libros de poesía. É coñecido, ademais, por ser o primeiro editor de Julio Cortázar.

    Obras destacadas
    • ¡Aviones!: poemas de la guerra (1937, Ediciones Resol).
    • Soledad imposible (1952, Botella al mar).
    • Canción para mi caballo muerto (1963, Botella al mar).
    • Ola indecisa (1970, Botella al mar).
    • Amar sin amor (1981, Botella al mar).
    • Prohibido mirar (1995, Botella al mar, 1995).

    Fotografía: Enciclopedia da emigración galega

    Máis información: Wikipedia