Saltar ao contido

As décadas de T.L.

    Autor: Lois Tobío

    Ano: 1944, Ediciós do Castro

    Cita:

    “E cando tomábamos pola estrada da Coruña, ao chegarmos ao convento de Santa Clara, non deixaban de intrigarme aquelas tres barricas que hai no alto da fachada, curioso capricho do arquitecto. O meu explicábame entón algo do esprito barroco compostelán que eu irei máis adiante descobrindo da pouco ata chegar a sentilo fondamente, un arte rico, racional e vital asemade, dialéctico, estructura sólida e vizosidade brandida, integrador e dinámico. Pero antes de chegar a Santa Clara habíamos pasar polo hospital de San Roque, que daquela non me dicía nada. Máis adiante saberei, porén, que era alí onde se curaban noutrora os galicosos, nos primeiros tempos coa zarzaparrilla que un frade trouxera de América, que penso que non debía servir de moito. O meu amigo don Pablo Pérez Constanti hame contar que, cando os doentes remataban o tratamento e tornaban para a súa terra, cantaban esta cantiga:
    Adiós hospital de San Roque,
    Santa Clara más arriba,
    donde le dan a los hombres
    agua de zarzaparrilla.”

    Máis información: Galipedia