Santiago de Compostela, 1973
Filóloga e escritora, formada na Universidade de Santiago de Compostela, onde tamén se doutorou coa tese Ideas sobre o galego e as orixes do portugués na lingüística lusa do século XIX. Xénese e impracto en Galicia da hipótese celtista. Publicou artigos sobre sociolingüística histórica e historiografía lingüística en diversas revistas e colaborou en proxectos de investigación sociolingüística.
Obras destacadas
- Valdamor (2001, Editorial Galaxia. Premio Lecturas da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil).
- O ouro das lúas (2018, Editorial Galaxia).
- Esta noite hei de ir a verte (2021, Editorial Galaxia).
Fotografía: Arquivo AELG – Distrito Xermar (2020)
Máis información: AELG