Vigo, 1964 – Santiago de Compostela, 2014
Xornalista, activista e escritora, traballou principalmente na Radio Galega e colaborou en diversos medios, como A Nosa Terra, Tempos e Novas da Galiza. Foi unha das impulsoras da Asociación de Mulleres Galegas na Comunicación (MUGACOM) e participou activamente en Mulheres Nacionalistas Galegas (MNG) e na Marcha Mundial das Mulleres, entre outros.
Obras destacadas
- Circe ou o pracer do azul (2009, Editorial Galaxia).
- Morgana en Esmelle (2012, Editorial Galaxia. Premio Ánxel Casal da AELG ao mellor libro de ficción 2012, Premio da AELG á mellor obra de narrativa 2012, Premio da Crítica de narrativa galega 2012, Premio Losada Diéguez de creación literaria 2013).
Fotografía: Álbum de Mulleres – culturagalega.gal
Máis información: Álbum de mulleres