Santiago de Compostela, s. XIII
Trobador galego, vinculado co mosteiro de San Domingos de Bonaval. A súa actividade poética desenvolveuse nas cortes de Fernando III e de Afonso X, manténdose fiel ás tradicións líricas pretrobadorescas, en detrimento dos modelos provenzais. Consérvanse 19 cantigas súas, 10 delas de amor, 8 de amigo e unha tenzón feita con Abril Pérez.
Obras destacadas
- A Bonaval quer’eu, mia senhor, ir.
- A dona que eu am’e tenho por senhor.
- Fremosas, a Deus grado.
- Diss´a fremosa en Bonaval assí.
- Se veess´o meu amigo.
- Ai, fremosinha, se ben ajades.
Fotografía: Wikipedia
Máis información: Roteiro da Lírica Medieval