Autor: Francisco Fernández del Riego
Ano: 2003, Editorial Galaxia
Cita:
“Compostela veu ser, en adiante, o fogar amado. As súas pedras vencedoras da eternidade, convertéronse en referencia ilusionada. Non moi lonxe, no horizonte, o Pico Sacro, sempre vixiante, aparecíaseme como compás guiador dun novo sol. Dentro do escenario urbano, a fachada do Obradoiro amosábame a xeito de paisaxe acesa, a donda e dourada arquitectura chea de meiguice.”
Máis información: Editorial Galaxia
