Saltar ao contido

Camiño negro

    Autor: Ramón Area

    Ano: 2020, Edicións Positivas

    Cita:

    “Ela estaba xusto a ollar a Rúa do Vilar, que, en aparencia, era a mesma da súa infancia. Lembraba os domingos e os paseos en familia que, cando había sorte, remataban na xeadaría ou na churraría. Fugazmente, volveu ver a seu pai. El recollía o cambio cando, por un intre, a súa face xa non disimulaba a rendición que o acompañaba dende sempre e da que nunca falaron.”

    Máis información: Edicións Positivas