Autor: Lito Vila Baleato
Ano: 2019, Editorial Galaxia
Cita:
“Despois dos escándalos que vivira Santiago nos últimos anos, dende o roubo do Códice Calixtino ata o mediático caso da morte da nena Asunta Basterra, semellaba que as autoridades non querían darlle moito bombo ao caso de Martín, polo menos non ata que non estivesen seguros do que realmente estaba a pasar. Aquel 20 de xaneiro o Telexornal da TVG limitouse a mencionar a aparición dunha persoa morta no Campus Vida da Universidade de Santiago de Compostela, pero sen dar ningún dos detalles que lago acababa de escoitar.”
Máis información: Editorial Galaxia