Saltar ao contido

Carlos Meixide

    Vilagarcía de Arousa, 1977

    Escritor, xornalista e humorista natural de Vilagarcía de Arousa, afincado en Santiago. A súa primeira obra publicada é o libro infantil A Miragaia e a partir de 2014 comeza a autoeditar as súas propias obras, sendo famosa a súa serie de aventuras dun grupo de adolescentes que viaxan a distintos lugares. En 2021, creou xunto a Berta Dávila, a editora independente Rodolfo e Priscila.

    Obras destacadas
    • A Miragaia (2004, Carlos Meixide).
    • O home inédito (2005, Eds. da Rotonda / 2009, Rinoceronte Editora).
    • Ons (2015, Carlos Meixide).
    • Cans (2016, Carlos Meixide).
    • Guitiriz (2018, Carlos Meixide).
    • Arousa (2018, Carlos Meixide).
    • Camiño de paixóns (2019, Editorial Galaxia. Premio de Novela Camiño de Santiago).
    • Pequeno álbum de Nova York en inverno (Rodolfo e Priscila, 2021).
    • Portugal (2022, Carlos Meixide).
    • Viva a Comuna! (2023, Editorial Xerais).

    Fotografía: Cedida por Carlos Meixide

    Máis información: Wikipedia