Autoría: Roi Vidal Ponte / Carlos Quiroga
Ano: 2017, Concello de Santiago
Cita:
“A mamá anda a todo. Calceta, cose botóns, fai a comida ou xerseis de lá e coida de Mari Carmen mentres escoita na radio Ama Rosa. De vez en cando lévache dar un paseo polo pueblo e sacades unha instantánea na Praza do Toural. Ti prométeslle que te has portar ben e ela diche que o día do teu aniversario has poder montar nos caballitos de Santa Susana, porque ese día rematan as festas do Apóstolo e todo o mundo está contento.”
(Fragmento do conto Charanga da lúa primeira (1950-1962), de Roi Vidal)
Máis información: Selic