Saltar ao contido

Compostela

    Autoría: Varias autorías

    Ano: 2025, Edicións Xerais

    Cita:

    “Ademais, o meu irmao sempre igual: que se que non me preocupe tanto, que faga amigos, que vaia tomar os viños ao Franco… Parece que unha non pode ser dona de si mesma. Finalmente tiven que ceder, coma sempre, e irei hoxe ao concerto de marras, pero o que teño claro é que o París-Dakar non penso facelo. A verdade é que vou sen ganas, debería poñerme en serio coa pronunciación ou vai pasar por diante de min toda a clase. Por se fose pouco, o concerto está onde Cristo perdeu a alpargata, máis alá dos Pelamios, onde andan todos os que veñen a Compostela a facer a revolución e non a sacar unha carreira. Que me parece moi ben; eu tamén estou farta da ditadura, pero o que veño é a estudar.
    Pois nada, agora a ir dende Mazarelos até o Burgo e a ver se atopo o meu irmao e os pesados dos seus amigos. Déixote xa, que vou tarde.” (En cada esquina un amigo, de Arancha Nogueira e Odilo G. Carnero)

    Máis información: Edicións Xerais