Saltar ao contido

Conxo, non restraint

    Autoría: Alberto Ramos

    Ano: 2023, Cuarto de inverno

    Cita:

    “DR. SANROMÁN: Calculo que o ingreso durará tres semanas, un mes como moito.
    ELA, A NAI: [Sen que ninguén conteste] Penseino mellor, non quero ir.
    MARCOS: Comprendo, doutor.
    DR. SANROMÁN: Como nos dous ingresos anteriores a resposta farmacolóxica non foi satisfactoria, aplicaremos a terapia electroconvulsiva xa de entrada.
    ELA, A NAI: [Sen que ninguén conteste] Iso aféctame para a memoria. Non quero esquecer nada.
    MARCOS: E cando comezarían coas sesións?
    DR. SANROMÁN: En canto haxa un oco libre nos quirófanos, talvez a semana que vén.
    ELA, A NAI: [Sen que ninguén conteste] E non poderemos intentar outra cousa antes dos chispazos? Non quero volver a iso.
    MARCOS: E con que frecuencia as tería?
    DR. SANROMÁN: Hai que velo, pero supoño que días alternos durante a semana.”

    Máis información: Cuarto de inverno