Monterroso, 1981
Xornalista e poeta, licenciado en Ciencias da Comunicación pola Universidade de Santiago de Compostela, cidade na que reside actualmente. Traballou en diversos xornais e é colaborador habitual noutros tantos. Ademais, coordinou o boletón quincenal de cinema en galego Ariel, editado polo Cineclube Compostela e o volume Cairón, voceiro do Instituto de Estudos Ulloáns.
É coautor da curtametraxe documental O río é noso (2004) para protestar contra os encoros do Alto Ulla, tradutor ao galego de Allen Ginsberg e formou parte do grupo Das Kapital, facendo as bases musicais. Adema
Ademais de escribir en diferentes volumes colectivos, recibiu os premios Premio de poesía Uxío Novoneyra, Premio Esquío de poesía, Premio de poesía Gonzalo López Abente e Premio da Crítica de Poesía Galega.
Obras destacadas
- Sucede (2004, Espiral Maior).
- Éxodo (2006, Edicións Xerais).
- Os poemas de como se rompe todo (2007, Sotelo Blanco).
- Ruído de fondo (2012, Edicións Xerais)
- Dos tempos sombrizos (2013, Edicións Xerais)
- O Gran Rexeitamento. Flores para Albert Ayler (2017, Apiario Editora).
- Os paxaros e outros poemas (2021, Edicións Xerais).
- Poemas realistas (2024, Apiario Editora).
Fotografía: Wikipedia.
Máis información: Wikipedia