Autora: Ana Cabaleiro
Ano: 2021, Edicións Xerais
Cita:
“Alégrome de que esta etapa da miña vida comece deste lado do río que lle dá nome ao barrio, sentindo o privilexio de vivir na faldra deste monte, coma se dunha amea se tratase, co río e as brañas que o circundan aquí ao pé, actuando de foxo, que nos protexe e nos separa de todo o que vén despois: a Colexiata, as vías do tren e a cidade que sobe en ascenso fronte a nós ata rematar nas torres catedralicias, e máis atrás, coma nun pano de fondo, o monte Pedroso cos seus catro repetidores en forma de agulla. Aquí son dona duna panorámica soberbia na que tamén caben os solpores nos días bos, os lóstregos endiañados nas noites de tronada, a néboa engulindo o horizonte nas mañanciñas húmidas e o temporal varrendo o mundo en cortinas de vento e auga nos días de invernía”.
Máis información: Edicións Xerais