Saltar ao contido

Encarna Otero

    Santiago de Compostela, 1950

    Foi profesora de ensino secundario e bacharelato, ademais de historiadora e escritora compostelá, que centra os seus estudos na historia contemporánea desde unha perspectiva de xénero.

    Ten colaborado e colabora en publicacións como A Nosa Terra, O Ensino, Andaina, ou Festa da Palabra Silenciada. Tamén colabora e é autora de varias biografías no Album de Mulleres do Consello da Cultura Galega. Escribiu numerosos artigos e estudos académicos da pegada da muller na historia, e publicou ensaio e libros de literatura xuvenil.

    Obras destacadas

    Fotografía: Cedida pola autora.

    Máis información: Galipedia