Autoría: Inma López Silva
Ano: 2023, Editorial Galaxia
Cita:
“Non soporto que me arrefríe o café agardando por un home, así que bebo rápido, e entre grolo e grolo, escribo, miro a xente e deléitome en ver chover tralo cristal mentres imaxino a Moisés camiñando cara a aquí despois de aparcar, gardándose da chuvia baixo os beirís por culpa desa manía súa de andar sen paraugas. Hoxe pola mañá, nin sequera pintei os beizos nin as unllas. A única maquillaxe que levo hoxe é o que queda da máscara de pestanas que non tiven ánimo de quitar onte á noite. Tampouco puxen lenzaría, por suposto.”
Máis información: Editorial Galaxia
