Santiago de Compostela, 1963
Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela e mestra de ensino secundario. Na actualidade traballa no IES de Cacheiras.
Como investigadora, ten publicado artigos sobre lingua, literatura e crítica literaria en diversas revistas, así como tamén levou a cabo colaboracións como crítica, narradora e tradutora nas revistas Lletres Asturianes eLliteratura, froito da súa estreita relación con Asturias.
Publicou biografías, obras de divulgación, ensaio e poesía. Ademais, escribiu numerosos relatos breves nas revistas O Espello e Pontigo e colabora con regularidade en Dorna. Así como ten participado en diferentes volumes colectivos.
Obras destacadas
- Fíos de transparencia acesa. Narrativa, poesía e tradución en Xosé Manuel Beiras (2025, Edicións Laiovento).
- A pousa da libélula (2024, Medulia).
- As escumas da letra. Biobibliografía de Luísa Villalta (2024, Baía Edicións).
- Dicionario Uxío Novoneyra (2010, tresCtres Editores).
- Dicionario María Mariño (2007, tresCtres Editores).
Fotografía: Arquivo AELG – Distrito Xermar (2023).
Máis información: AELG