Saltar ao contido

Eva e Lucy

    Autoría: Cris Pavón

    Ano: 2023, Editorial Galaxia

    Cita:

    “(…) por Patricia tíñase que facer o que fose,
    aprender as rúas de Santiago, afacerse a todo de novo, vaino facer, que remedio, vaino intentar, pero amóuchase un tantiño porque non é a mesma de antes, non ten nin as enerxías nin a cabeza de antes, ben sabe ela os descoidos que tenta agochar, a memoria non é a que era, non ten a mesma axilidade, nin aguante, non pode dar as camiñadas de antano pero aínda se defende, e logo porque se lle queimara unha pota xa non podía andar na cociña? se cadra foran dúas, pero non era para tanto, e iso de que quedara apampada diante do lume non fora exactamente así, Patricia reaccionara máis rápido, normal, é máis nova, pero non por iso había que tratala como se estivese senil, acaso o médico non lle preguntara a última vez, lémbrase vostede de como se chama? lémbrome, de cantos fillos ten? si, de como se chaman todos? si, pois entón está vostede estupenda, que eu tamén teño descoidos, iso é inevitable coa idade, pero se lembra as cousas importantes non hai de que preocuparse, iso lle dixera, o importante acórdalle todo aínda que lle esquezan detalles cotiáns, logo non está tan mal, pero vese que non suficientemente ben como para quedar soa, senil non estará pero vella dabondo si cando os demais deciden por ela e xa non pode organizar a súa vida,”

    Máis información: Editorial Galaxia