Autoría: Carme Varela
Ano: 2023, Edicións Positivas
Cita:
“RAQUEL: Bo día. Que fas?
ANTÓN: Tentando abrir o caixón, pero está complicado.
RAQUEL: Pois se o consegues convídote a un arroz negro nese restaurante que hai preto do Parlamento e que tanto che gusta.
ANTÓN: Xa o tentaches facer e non o conseguiches? (RAQUEL afirma coa cabeza.) Se queres baixo á ferraxería de Área Central e compro unha machada.
RAQUEL: Moitas grazas. É dunha amabilidade que me conmove. Non, non quero. Tratábase de abrilo sen escarallar a mesa.
ANTÓN: Pois daquela… plan da machada, abortado. De onde sacaches este traste vello? Es consciente de que non che pega co resto dos mobles, non si? Ti de antigallas sabes moito, pero de decoración de apartamentos urbanos nin puta idea. Para iso é mellor que te asesores comigo. Os arquitectos temos o gusto moi ben educado para esas cousas. En cambio vós…”
Máis información: Edicións Positivas
