Ponteareas, 1901- Santiago de Compostela, 1973
Xurista, investigador e escritor, considerado o iniciador do neotrobadorismo, a quen se lle dedicou en 1992 o Día das Letras Galegas. Foi un dos fundadores do Seminario de Estudos Galegos en 1923 e colaborou en revistas como Cristal, Resol e Nós. Tivo despacho de avogado na rúa do Vilar.
Obras destacadas
- Cabalgadas en Salnés (1925, Lar).
- Nao senlleira (1933, Editorial Nós).
- Seitura (1955, Livraria Cruz).
- Obra literaria completa (1981, Edicións Xerais).
Fotografía: Consello da Cultura Galega – Álbum de Galicia
Máis información: Consello da Cultura Galega