Autor: Marcos S. Calveiro
Ano: 2008, Edicións Xerais
Cita:
“Ubaldo Luaces levaba unha semana sen erguerse do leito, afectado do que el dicía que era unha forte reuma nas pernas. Negárase a acudir ao Hospital Real e a recibir a médico ningún na casa, facendo oídos xordos ás recomendacións de amigos e clientes que o visitaran, preocupados pola súa longa ausencia do obradoiro. Prostrado na cama, co seu crucifixo de Pau de Campeche na súa man dereita, bebía a cotío auga de pau e de zarzaparrilla e preguntaba, desacougado, unha e outra vez, entre suores e arreguizos, por Gaspar Arce o Vello.”
Máis información: Edicións Xerais