Saltar ao contido

Helena Villar Janeiro

    Becerreá, 1940

    Escritora e profesora xubilada. Poeta, narradora e articulista de prensa, foi tamén pioneira no ámbito da creación da literatura infantil e xuvenil galega. Pertenceu ao colectivo poético Cravo Fondo. Recibiu premios como o Premio Galicia da Universidade de Santiago (1981), pola obra en común co seu compañeiro, Xesús Rábade Paredes, No aló de nós, o Premio Manuel Antonio (1981), obra tamén en común con Xesús Rábade Paredes, O sangue na paisaxe, o Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón (1991), por Nas hedras da clepsidra ou o Premio Modesto R. Figueiredo (1991), por O cadro, entre outros. Actualmente traballa nas redes a integración de poesía e imaxe fotográfica. Unha mostra deste traballo é o poemario “Poesía mínima/Minimal Poetry”.

    Obras destacadas
    • Alalás (1972, Helena Villa Janeiro).
    • O sangue na paisaxe (1980, Edicións do Cerne, con Xesús Rábade Paredes. Premio Manuel Antonio, 1981).
    • No aló de nós (1981, USC. Premio Galicia da Universidade de Santiago, 1981).
    • Rosalía no espello (1985, Padroado Rosalía de Castro).
    • O día que choveu de noite (1985, Editorial Galaxia).
    • Viaxe a Illa Redonda (1987, Editorial Galaxia).
    • Vermiño (1988, Editorial Galaxia).
    • A cidade de Aldara (1989, Casals).
    • Ero e o capitán Creonte (1989, S. M.).
    • Patapau (1989, Ir Indo).
    • O enterro da galiña de Domitila Rois (1991, Editorial Galaxia).
    • A tarde das maletas (1992, Contos do Castromil).
    • A canción do rei (1992, Editorial Galaxia).
    • Cabeleira de pedra (1993, Consorcio de Santiago / Reeditado en 2004 e en 2017, Selic, con Xesús Rábade).
    • Festa do corpo (1994, Deputación da Coruña).
    • A voda do papá (1994, Obradoiro).
    • Contos do paxaro azul (1994, Sotelo Blanco).
    • Album de fotos (1999, Espiral Maior).
    • Nas hedras da clepsidra (1999, Ediciós do Castro. Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, 1991).
    • O avó de Pipa (2000, Bruño).
    • Pálpebra azul (2003, PEN Clube de Galicia).
    • Na praia dos lagartos (2004, Ediciós do Castro).
    • Dona e Don (2004, Editorial Galaxia, con Xesús Rábade Paredes).
    • O caderno de Edua (2010, Xestión Literaria Galega / reeditada en 2015, Sushi Books).
    • Remontar o río (2014, Tirar do Fío Edicións).
    • Poesía mínima/Minimal Poetry (2018, Alvarellos Editora).
    • Fina a pirata (2019, Editorial Galaxia).
    • A fuga de Guillermo (2021, Editorial Galaxia).
    • Alba (2021, Editorial Galaxia).
    • De rosa antiga (2022, Editorial Galaxia).

    Fotografía: Arquivo AELG – Eduardo Castro Bal (Ollo de Vidro-ACAB) (2014)

    Máis información: AELG