Saltar ao contido

Henrique Alvarellos

    Lugo, 1968

    Editor, xornalista, escritor e xestor cultural, licenciado en Filoloxía Hispánica e cun Máster en Medios de Comunicación. Desde 2004 dirixe Alvarellos Editora, a empresa cultural que fundara seu pai en Lugo en 1977 e que desde 2004 ten a súa sede en Santiago de Compostela. Ademais, publicou diversos libros, centos de artigos e crónicas na prensa galega e é impulsor de múltiples iniciativas culturais. Desde decembro de 2020 é presidente da Asociación Galega de Editoras.

    Obras destacadas
    • Territorio auroral. 36 memorias vivas de Compostela (1997, Consorcio de Santiago).
    • Teoría de Lugo (2004, A Nosa Terra).
    • Galicia en cen prodixios (2004, Xerais).
    • Diario dun pai acabado de nacer (2008, Xerais).
    • Santiago, 1909 (2009, Consorcio de Santiago-Alvarellos Editora).
    • A nena que abrazaba as árbores (2020, Alvarellos Editora).
    • Federico García Lorca en Santiago de Compostela (2020, Alvarellos Editora).

    Fotografía: Cedida polo autor.

    Máis información: Alvarellos Editora