Saltar ao contido

Herminia Fariña

    Santiago de Compsotela, 1904 – Meaño, 1967

    Natural de Santiago de Compostela, comeza a desenvolver a súa vocación literaria aos dez anos. A súa produción literaria abrangue poesía, teatro e artigos xornalísticos. O seu primeiro libro foi Cadencias, un poemario en castelán publicado en 1922 e en 1924 publica o seu segundo libro Seara, escrito integramente en galego. En 1925 foi nomeada como correspondente da Real Academia Galega.

    En 1937 expresou, coa súa literatura, o seu apoio ao réxime franquista e publicou ¡Por España y para España! (El libro del combatiente), con 14 poemas de exaltación relixiosa e franquista.

    Obras destacadas
    • Cadencias (1922).
    • Seara (1924), con ilustracións de Luís Pinto Fonseca.
    • Margarida e Malfalada (1927).
    • ¡Por España y para España! (El libro del combatiente) (1937).

    Fotografía: Wikipedia.

    Máis información: Wikipedia