Saltar ao contido

Illa decepción

    Autoría: Berta Dávila

    Ano: 2020, Editorial Galaxia

    Cita:

    “O meu fillo colle o autobús escolar cada mañá, desde o traslado ao novo apartamento, diante dunha sala de cines. Iso permíteme estar milagrosamente ao tanto das películas; a min, que case nunca estou ao tanto de nada. Na beirarrúa de en fronte, o edificio do Parlamento permanece igual que cando era un cuartel militar. Aí traballou meu avó, o pai de miña nai, durante moitos anos, non sei exactamente en que tarefa, pero pareceume que nalgunha de tipo administrativo. O meu fillo e o avó non se tocan no tempo, nunca se coñeceron e ignoran todo o u do outro, por fortuna. Porén, o meu fillo é, nunha oitava parte, meu avó, e os dous acoden cada mañá ao mesmo lugar para comezar o día.”

    Máis información: Editorial Galaxia