Saltar ao contido

Lito Vila Baleato

    Alemaña, 1978

    É fillo de emigrantes galegos, naceu en Alemaña e medrou no barrio de San Pedro en Santiago de Compostela. Estudou Filoloxía Alemá e Hispánica na USC e completou a súa formación na Universität Paderborn e na University of Manchester, onde logo impartiu clases. Actualmente, exerce o seu labor docente no ensino secundario. En Alemaña publicou numeroso material didáctico para educación secundaria e seis lecturas graduadas para escolares e público xuvenil na editorial Cornelsen Verlag. Ademais, escribe o blog La generación de la burbuja en El Correo Gallego para describir a súa visión como emigrante en Alemaña.

    Obras destacadas
    • Campus morte (2018, Editorial Galaxia. XV Premio Frei Martín Sarmiento).

    Fotografía: Arquivo AELG – Distrito Xermar (2022)

    Máis información: AELG