O Páramo, 1983
Aínda que naceu no Páramo, reside en Compostela desde hai anos. É licenciada en Filoloxía Galega e cursou estudos de doutoramento en Teoría da Literatura, centrando a súa especialización na teoría da literatura, a literatura galega contemporánea e os estudos literarios feministas. Publicou o seu primeiro poemario en 2012, alén de participar en publicacións colectivas e numerosos recitais. Foi membro do consello de redacción da revista Dorna. Comparte un proxecto poético-musical, Aderyn, co músico David Miranda.
Obras destacadas
- Fase de trema (2012, Espiral Maior. Premio de poesía Pérez Parallé).
- Coleópteros (2018, Chan da Pólvora).
- Ainda invisíveis? Narradoras e margens na literatura galega contemporânea (2022, Através Editora).
Fotografía: Arquivo AELG – Distrito Xermar (2021)
Máis información: AELG