Saltar ao contido

Marilar Aleixandre

    Madrid, 1947

    Escritora, tradutora, bióloga e académica de número da Real Academia Galega. Desde 1988 exerce como mestra na USC. Ademais, pertence á Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, ao PEN Clube de Galicia, á Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e á Asociación de Tradutores. Tamén é membro da Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade do Consello da Cultura Galega.

    Obras destacadas
    • Tránsito dos gramáticos (1993, Edicións Xerais).
    • A expedición do Pacífico (1994, Edicións Xerais. Premio Merlín de literatura infantil e Premio da Crítica á creación literaria en galego).
    • Nogard (1994, Ed. Alfaguara).
    • O trasno de Alqueidón (1996, Edicións Xerais. Premio Rañolas ó mellor libro infantil/xuvenil en galego).
    • Lobos nas illas (1996, Edicións Xerais).
    • Desaforados Muños (1997. Premio Manuel Murguía).
    • A compañía clandestina de contrapublicidade (1998, Editorial Galaxia. Premio Álvaro Cunqueiro de Narrativa).
    • Catálogo de velenos (1999, Sociedade de Cultura Valle-Inclán. Premio Esquío de poesía).
    • A banda sen futuro (1999, Edicións Xerais. Premio Lazarillo e Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Lecturas – Galix).
    • Lapadoiras, Sacaúntos e Cocón (1999, Editorial Galaxia).
    • Castelao segundo Rañolas. Vida e obra de Castelao (2000, Editorial Galaxia).
    • Teoría do caos (2001, Edicións Xerais. Premio Xerais e Premio San Clemente).
    • O chápiro verde (2001, Anaya).
    • Unha presa de terra (2001, Ir Indo. Premio de novela por entregas de La Voz de Galicia).
    • A vaca de Fisterra e a trabe de alcatrán (2005, Tambre).
    • Rúa Carbón (2005, Edicións Xerais).
    • Mudanzas (2007, PEN Clube de Galicia. Premio de poesía Caixanova).
    • A cabeza de Medusa (2008, Edicións Xerais. Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura xuvenil, Premio The Withe Ravens e Premio Frei Martín Sarmiento).
    • Dez abellas na laranxeira (2008, Edicións Xerais).
    • Terras de Compostela, viaxes literarias (2009, A Nosa Terra).
    • O coitelo en novembro (2010, Edicións Xerais).
    • Robinson contado polas alimarias (2011, Oxford).
    • O anano máis alto conta a historia de Brancaneves (2015, Ed. Rodeira).
    • Desescribindo (2016, Apiario).
    • Mudanzas e outros velenos (2017, Editorial Galaxia).
    • A filla do minotauro (2018, Editorial Galaxia. Premio Raíña Lupa).
    • Santiago de Compostela desde dentro (2019, Alvarellos).
    • As malas mulleres (2021, Editorial Galaxia. Premio Blanco Amor e Premio Nacional de Narrativa).
    • Movendo os marcos do patriarcado.O pensamento feminista de Emilia Pardo Bazán (2021, Editorial Galaxia).
    • Juana de Vega. A muller que desafiou o seu tempo (2022, Editorial Galaxia).

    Fotografía: Arquivo AELG – Distrito Xermar (2014)

    Máis información: AELG