Saltar ao contido

Melodía de días usados

    Autora: Anxos Sumai

    Ano: 2005, Editorial Galaxia

    Cita:

    “A muller deixou de cantar. Ten agora un meniño no colo ao que lle intenta meter na boca unha culler chea de puré de verduras, mentres os seus ollos pousan nunha revista aberta enriba da mesa da cociña. O neno chora e eu, de tanta humidade, non me sorprendo de ver caer peixes nacarados sobre os xeranios do balcón. A Berenguela levita reflectida nos cristais dos edificios e os meus ollos son, detrás da ventá, auténticos calidoscopios.”

    Máis información: Editorial Galaxia