Saltar ao contido

Mulleres que viven xuntas

    Autoría: Abril Camino

    Ano: 2025, Edicións Xerais

    Cita:

    “Saíron Chus e Isabel do Clínico de Santiago cun diagnóstico e moi poucas palabras. Cancro de pulmón. Frases de esperanza do oncólogo, planificación de tratamentos, data para cirurxía, «é moi importante que manteñas unha boa actitude». Un traxecto en silencio entre Santiago e a aldea, que a Isabel se lle fixo máis longo ca ningún dos que fixera en máis de corenta anos de vida laboral, e a Chus, tan curto como lle parecería cada un dos minutos que a vida lles tivese reservados.”

    Máis información: Edicións Xerais