Autor: Xoán Bernárdez Vilar
Ano: 1987, Edicións Xerais
Cita:
“Saíu do adro pola rúa da Fonte, procurando camiñar sobre os terróns e as pedras para non mete-los pés na lama. A maioría das casas estaban xa atrancadas, e nas eiras xa non se vía gando nin galiñas. Á súa dereita, polo medio dos edificios, víase a muralla do oeste e, por detrás dela, as pólas espidas do pomar e do souto. Ó remate da longa rúa ollou a Porta Faxeira”
Máis información: Edicións Xerais
